As actividades
O patrimonio e o medio mariño deben ser tidos en conta e este espazo e as actividades que nel se desenvolven inciden no seu coñecemento: natureza, historia, etnografía, gastronomía, cultura, tradicións, oficios, prácticas pesqueiras, a propia trazabilidade dos produtos do mar, as conservas, as lendas e contos, os sinais marítimos, a actividade cultural, etc. Moitos destes aspectos pasaban desapercibidos para quen se achegaba a Cabanas, moitas desas persoas facendo o Camiño, de aí a razón de accións de difusión e de formación, dirixidas a dar a divulgar o noso medio e o noso patrimonio material e inmaterial, transmitíndoo, interpretándoo, en consecuencia, poñéndoo en valor.
Unidades didácticas, exposicións itinerantes, publicacións, concursos de creación (literaria, fotográfica, pictórica, audiovisual, etc.), roteiros polo patrimonio, foros de debate, charlas e cantas actividades se dirixan ao coñecemento da ribeira, as especies, a historia e os diversos aspectos relacionados coa cultura mariñeira.
ACCIÓN DE PROMOCIÓN DOS PRODUTOS DO MAR
Acción de dinamización CIMM Cabanas. Anualidade 2022 Showcooking con degustación de produtos locais en colaboración coa confraría de Pontedeume. A proposta concretouse en: 1. Empanada de mexillón con alga wakame 2. Ameixas da ría con cítricos 3. Sardiña afumada de...
EXPOSICIÓN NO CENTRO DE INTERPRETACIÓN
Proxecto CIMM Cabanas. Anualidade 2022 Os contidos de textos e fotografías foron elaborados partindo de tres ideas principais: 1. A conservación e transformación da paisaxe de Cabanas. 2. O marisqueo no mar de Cabanas 3. Cabanas entre o río e o...
Cabanas Mar. Actividade 3
Deseño e implantación de paneis didácticos A “Actividade 3. Deseño e implantación de paneis didácticos” contempla a realización dunha exposición de exterior, e a organización da súa exposición pública durante a celebración de eventos. Os paneis inclúen códigos QR,...
Camiños submarinos. Cabanas por terra e mar
A xornada “Camiños Submarinos. Cabanas por terra e mar” está pensada para dar a coñecer e poñer en valor o medio acuático que baña Cabanas, ofrecendo unha experiencia de descubrimento e contacto coa natureza mariña e submarina na contorna do Concello de Cabanas. A...
Cabanas Mar. Actividade 2
Programa de rutas no litoral A través do proxecto Cabanas Mar, a “Actividade 2. Programa de rutas no litoral” contempla o deseño e a execución de roteiros enxalzando o papel do marisqueo e outros oficios do mar, expoñendo o labor dos colectivos (mariscadoras/es,...
Cabanas Mar. Actividade 1
O proxecto Cabanas Mar contempla na súa “Actividade 1. Obradoiros de sensibilización dirixidos a escolares do municipio” a elaboración de material didáctico e a realización de obradoiros e saídas de campo sobre a riqueza natural e a biodiversidade do litoral, os...
Roteiro: Praias e muiños
Cunha lonxitude aproximada de 5.94 km., este percorrido lévanos desde a rotonda que dá acceso á praia da Madalena ata a praia de Río Castro, pasando pola praia de Chamoso, as Modias, a travesía do Río, o parque do Areal e o paseo da Madalena, devolvéndonos ao lugar...
Roteiro: Cabanas – Pico Castro
A ruta, de aproximadamente 15,4 Km. de lonxitude, está deseñada cun trazado circular, co punto de partida e de chegada no mesmo lugar. A sinalización deste carreiro PRG-45, é a propia dun trazado homologado, con bandas de pintura amarela e branca ao longo de todo o...
Roteiro: A auga (Maré-Cabada-Batán)
Esta ruta, de aproximadamente 7,9 Km. de lonxitude, está deseñada cun trazado circular, o que facilita a elección do inicio do percorrido polo lugar que a cada cal lle resulte máis cómodo. A mellor zona para deixar o coche é o aparcadoiro que hai detrás da igrexa...