Publicacións
Roteiro: Praias e muiños
Cunha lonxitude aproximada de 5.94 km., este percorrido lévanos desde a rotonda que dá acceso á praia da Madalena ata a praia de Río Castro, pasando pola praia de Chamoso, as Modias, a travesía do Río, o parque do Areal e o paseo da Madalena, devolvéndonos ao lugar de partida.
A baixa dificultade e duración do traxecto fano apto para case todas as persoas; un calzado cómodo cun bo axuste e a precaución necesaria (non esquezamos que transcorre por zonas de cantís) proporcionarannos unha gratificante travesía.
Roteiro: Cabanas – Pico Castro
A ruta, de aproximadamente 15,4 Km. de lonxitude, está deseñada cun trazado circular, co punto de partida e de chegada no mesmo lugar. A sinalización deste carreiro PRG-45, é a propia dun trazado homologado, con bandas de pintura amarela e branca ao longo de todo o carreiro.
Roteiro: A auga (Maré-Cabada-Batán)
Esta ruta, de aproximadamente 7,9 Km. de lonxitude, está deseñada cun trazado circular, o que facilita a elección do inicio do percorrido polo lugar que a cada cal lle resulte máis cómodo. A mellor zona para deixar o coche é o aparcadoiro que hai detrás da igrexa parroquial de San Martiño do Porto, polo que tomaremos este como punto de partida.