Cabanas Mar. Actividade 2

Programa de rutas no litoral

A través do proxecto Cabanas Mar, a “Actividade 2. Programa de rutas no litoral” contempla o deseño e a execución de roteiros enxalzando o papel do marisqueo e outros oficios do mar, expoñendo o labor dos colectivos (mariscadoras/es, mariñeiras/os, traballadoras/es da lonxa e confraría, étc). Nestas rutas dase a coñecer ao público a riqueza da paisaxe litoral, non só ligada á extracción de especies, senón desde un enfoque da biodiversidade e da identidade da vila e tamén das profesións ligadas ao sector mariñeiro