O CIMM cabanas
Centro de Interpretación do Medio Mariño.
Espazo de encontro para a cidadanía e visitantes arredor da cultura mariñeira e a riqueza natural e paisaxística do territorio relacionada co medio mariño.
A edificación, de 14,45 x 5,30 m. nun espazo propiedade do Concello de Cabanas no Parque do Areal, na contorna do Piñeiral da Madalena, é respectuosa co medio ambiente está construída con materiais sostibles.
Nela están a disposición das persoas usuarias e visitantes, os materiais promocionais impresos e audiovisuais creados no proxecto de creación do CIMM, contando cunha parte expositiva e un punto de información sobre o destino e o seu vencello co mar.
Como punto de partida deste proxecto feito realidade atópase a necesidade da dar a coñecer o noso medio mariño para concienciar sobre a súa importancia e a urxencia de protexelo das ameazas das especies invasoras e do cambio climático, contando coas xentes do mar que son as coñecedoras e as primeiras interesadas na súa preservación.
Obxectivos:
- Difusión do coñecemento dos elementos patrimoniais relacionados co mar na zona costeira.
- Maior concienciación sobre as repercusións do cambio climático e redución do impacto sobre o territorio.
- Mellora da competitividade, aumentando o valor engadido dos produtos pesqueiros, en base ao uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños.
- Fomento do aproveitamento sostible do patrimonio medioambiental das zonas pesqueiras.
- Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras.
- Implicación do ámbito formativo/educativo e científico co desenvolvemento sostible do sector do mar.
- Promoción da sustentabilidade e o uso eficiente dos recursos mariños.