Programación do CIMM no mes de setembro

A continuación pódese consultar a programación de actividades previstas polo Centro de Interpretación do Medio Mariño (CIMM) de Cabanas para o mes de setembro.

Rutas interpretativas a pé

Sábado 3 de setembro, ás 9.30h. Ruta interpretativa das Fragas do Eume. Visita ao esteiro do Río Eume e chegada ao centro de recepción de visitantes. A actividade servirá para coñecer a importancia da zona intermareal, as especies que habitan e conforman o bosque autóctono das Fragas do Eume e os aproveitamentos tradicionais dos recursos deste espazo.

Venres 9 de setembro, 17.30h. Ruta da costa, que achega ás visitantes até o muíño de mareas de Río Castro, a zona litoral de Cabanas e a antiga lonxa de Pontedeume, permitindo coñecer a biodiversidade que alberga este hábitat, as transformacións da costa e un dos solpor espectacular desde a Praia da Madalena.

 Saídas en barco

Mércores 7 de setembro en horario de mañá. Porén, para esta actividade xa non quedan prazas libres, xa que estas foron cubertas coa extensa lista de espera das saídas en barco programadas no mes de agosto.

Exposición e relatorio sobre as aves do Golfo Ártabro

A partir do 1 de setembro poderase visitar a exposición “Aves Ártabras”, unha escolma da exposición itinerante “Aves de Galiza” do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galiza (CEIDA), coa que poderemos coñecer moitas das aves que, malia pasar desapercibidas, acompañan o noso día a día nos parques, praias, esteiros, cantís ou fragas da nosa contorna.

Ademais, para o martes 6 de setembro ás 19.00h está programado o relatorio “As aves mariñas do Golfo Ártabro, veciñas do mar e do ceo”, a cargo de Serio París, coordinador do programa de Educación Ambiental e Espazos Naturais Protexidos do CEIDA.