Exposición “Cultura Oceánica”

A exposición “Cultura Oceánica” poderá visitarse até o 30 de agosto, e forma parte das exposicións itinerantes do Centro de Extensión Universitaria e Educación Ambiental de Galiza (CEIDA), ten carácter divulgativo e o obxectivo de sensibilizar ao público respecto da relación mútua entre o Océano e o ser humano.

A través de 12 paneis de gran formato, as visitantes poderán coñecer como inflúe o Océano no funcionamento do Planeta, a diversidade que alberga e a relación que os seres humanos temos co mar desde hai milenios.